Franfret Custom Guitars en FacebookFranfret Custom Guitars en YoutubeFranfret Custom Guitars en Instagram
Todo comenzou cando escoitei "Under My Thumb" dos Rolling Stones, no seu álbum Still Life, ahí tiven a miña primeira relación ca guitarra. Máis tarde, Iron Maiden e seu guitarrista Adrian Smith déronme o derradeiro empurrón cara o meu futuro: deseñador e fabricante de guitarras eléctricas.

No ano 2009 nace FranFret Guitars, despois de consultar e estudar unha multitud de bibliografía sobre fabricación de guitarras, completei miña formación con Eki Hoffman no seu taller de Formentera, seguindo as pegadas doutros grandes luthieres Europeos.

No 2014 fun gañador do premio de artesanía "Antonio Fraguas" co modelo "Rocket Ride", ao mesmo tempo formaba parte de asociacións especializadas como LuCe ou EGB (European Guitar Builders), participando en diferentes guitar shows:

-Holy Grail Guitar Show (Berlin)
-Luthier Guitar Show (Madrid)
-Guitar Summit (Mannheim)
-Fuzz Guitar Show (Gothenburg)
-Guitars au Beffroi (Paris)

Na actualidad, ademáis de fabricar os modelos Pegasus, Vento, Queen Of Hearts, Mad Hatter e miñas propias pastillas "ToneFret", tamén fabrico guitarras isnpiradas nos modelos "Dream Machine", utilizados por Mark Knopfler, xa que formo parte do equipo técnico da banda tributo a Dire Straits, "Brothers in Band".
Artesanía de Galicia
 
© Copyright 2022 - Franfret | Info legal

Info Legal

O sitio web Franfret.net pode ser visitado sen proporcionar ningún dato persoal. Os datos persoais facilitados polos usuarios serán incluídos nun ficheiro debidamente rexistrado no RGPD, propiedade de Franfret Custom Guitars.

Franfret Custom Guitars pode proceder á recollida de datos persoais a través de formularios web, enderezos de correo electrónico e número de teléfono de contacto. Tales datos persoais son tratados coa finalidade de manter e xestionar os seus pedidos.

Se desexa consultar, rectificar ou cancelar os seus datos, pode comunicalo por escrito por escrito a Rúa Archer Milton Huntington 18, 15011 A Coruña, ou vía correo electrónico a info@franfret.net.

Todos os dereitos quedan reservados e pertencen a Franfret Custom Guitars.
 | Deseño web: Sinclair48.com